Presentación

Pincha na imaxe para agrandar

A asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda nace en decembro do ano 2004, como
entidade sen ánimo de lucro para promover e divulgar a música e baile tradicional galego, así como todas aquelas formas de expresión que estes leven asociados (tecidos, vestimentas, costumes…).
Para esta tarefa semellaba imprescindible a creación dunha escola de música e baile tradicional.
Tras quince anos de traballo, a escola, que conta con máis de setenta alumnos e alumnas, funciona con seccións infantil, xuvenil e adulta de baile, pandeireta, gaita e percusión.
Vai de Roda ten acadado importantes recoñecementos en diferentes certames de música e baile tradicional e tense consolidado como dinamizadora da vida cultural da vila de Rianxo.
Na actualidade a escola está ensaiando no Pazo de Rianxiño os sábados pola tarde.
A asociación conta con varios grupos de baile, pandeireteiras, e de de gaitas e unha charanga
tradicional constituída por gaitas, percusión, clarinete, saxo e frauta.
Ao longo destes anos Vai de Roda integrouse plenamente no calendario de actividades culturais organizadas polo Concello de Rianxo e tamén nas diferentes celebracións das asociacións e comisións de festas deste municipio, que contaron coa súa participación.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up